sábado, 30 de decembro de 2023
Síbaris
venres, 29 de decembro de 2023
Napoleón
martes, 26 de decembro de 2023
Omar Al-Mukhtar: o león do deserto
domingo, 24 de decembro de 2023
Forrest Gump
Xente corriente
Chichi Campos e máis eu
Hai uns días botaban no CGAI un estraño documental titulado "Chichi Campos e máis eu". Foi realizado por Nico Campos, guionista galego fillo de Chichi, e conta a relación entre pai e fillo, xa que o pai morreu cando o fillo tiña só 11 anos. Había pouco público e creo que a metade dos que estabamos eran familiares que incluso saían no documental. Pero semella que Chichi Campos era un tipo moi interesante.Capitán Kidd
Vive como queiras
O crebanoces
sábado, 23 de decembro de 2023
O gabinete do Doutor Caligari
Pensa Nao
Nosferatu
venres, 22 de decembro de 2023
39 escalóns
O evanxeo segundo San Mateo
O CGAI (creo que agora prefiren chamalo a Filmoteca de Galicia) era un lugar ao que eu ía de cando en vez antes da pandemia, e no que disfrutaba moito. Se non me engano, a última vez que fora caeu a finais de 2019, para ver unha exitosa película mexicana titulada "Roma".
Despois chegou a pandemia, as restricións, intentei ir algunha vez e cheguei a tempo, pero como había menos prazas, en canto as enchían, xa pechaban as portas. Despois estiveron meses de obras para mellorar a sala de proxecións. Penso que antes non estaba mal, pero agora estará mellor claro. Conseguín ir o outro día e non me pareceu percibir grandes cambios, só que baixou un pouco a capacidade da sala. Antes pasaba algo das 100 butacas e agora anda en torno ás 90.
E debutei con algo que me interesaba bastante, un ciclo sobre Pier Paolo Passolini. É un autor do que teño oído falar ben e nun horario que me cadraba ben botaban "O evanxeo segundo San Mateo". A min non me desagradan as películas de temática bíblica e tiña moita curiosidade por saber que fixera un ateo e comunista como Passolini.
A película está baseada no evanxeo de San Mateo porque dise que é o máis concreto dos catro que existen. Tamén lin que na película se nota a perspectiva marxista de Passolini, pero eu agora mesmo non sería capaz de percibir onde está. Pareceume unha película bíblica bastante convencional, e de feito, tanto naquel momento (no ano 1964), como recentemente, o xornal L'Observattore Romano, que é o oficial do Vaticano, dixo que era a mellor película da vida de Xesucristo. Así que a min hai algo que non me cadra demasiado. Aparte do feito de que a mensaxe de Xesucristo é bastante marxista de por si, pero hai moita xente que non quere entendelo, alá eles coas súas contradicións.
En canto á ficha técnica, non me vou parar demasiado. A película é do ano 1964, está claro quen a dirixiu, o elenco era principalmente italiano (obviamente), pero o dato máis estraño é que Xesucristo foi intepretado por un rapaz español de 19 anos anos chamado Enrique Irazoqui. Este rapaz era fillo de español e de italiana, pero parece que a voz que se escoita na película non é a del, senón a do actor e director italiano Enrico Maria Salerno. Irazoqui, aparte deste papel estelar no cine (poñendo a cara, basicamente), foi un árbitro de xadrez cunha certa traxectoria. Ou sexa, todo un personaxe. Por último, dicir que o produtor tiña previsto rodar en Terra Santa, pero finalmente o descartaron, e rodaron en diferentes lugares do sur de Italia, como a vila de Matera, auténticamente flipante como Xerusalén bíblico.
Saúdos.
Culturgal 2023
26 Memorial Ibán Toxeiro: Quéroche un conto
Os nenos da varíola
sábado, 16 de decembro de 2023
O campión
venres, 8 de decembro de 2023
Duelo ao sol
Made in Galiza
Xa había algún tempo que non ía ao teatro, pero por fin atopei algo interesante ao que acudir. O outro día, no Fórum Metropolitano. A cita e...
-
Onte asistimos a unha edición máis do Galicia Magic Fest, organizada polo mago pontevedrés Pedro Volta. Comparando as actuacións que estaban...
-
Hai unhas semanas atacoume a nostalxia. No espazo de cine clásico da 2 botaron a película "M.A.S.H.", que posteriormente deu lugar...
-
Hai unhas semanas botaban esta película no espazo de cine clásico da 2, no seu horario habitual dos luns pola noite. Pero estaba eu bastante...
