luns, 20 de decembro de 2021

Males de cabeza

Seguimos avanzando pola Biblioteca Galega 120 da Voz de Galicia, e chegamos ao número 87, o libro de relatos "Males de cabeza", da autoría de Fran Alonso, escrito no ano 2001. Fran Alonso é narrador e poeta, ten escrito para a rapazada tamén, Actualmente é o director de Edicións Xerais.

Como todo libro de relatos, os ten mellores e peores, nivel dispar. Pero mirando o índice vese algo moi curioso. De cada dous relatos, un deles é moi breve e é unha das partes dun relato supostamente máis longo titulado "A tolemia é un sombreiro" que chega a acumular 20 fragmentos ao longo da obra. Neses breves fragmentos case sempre se fala de cans e gatos. Acabei algo confuso, penso que o narrador ama os gatos ou faise pasar por un deles, e que eses animais teñen que ver algo ou moito coa saúde mental, pero non acabei pillando a metáfora, penso.

Os outros xa son máis convencionais. Tratan case todos sobre doenzas mentais, en maior ou menor medida. Supoño que de aí vén o título do libro. O certo é que a saúde mental ten tantas aristas e representacións, que poden escribirse moitas historias cumprindo ese requisito e case nin nos decataríamos dese denominador común.

Saúdos.



Érase unha vez en América

Hai unhas semanas botaban esta película no espazo de cine clásico da 2, no seu horario habitual dos luns pola noite. Pero estaba eu bastante...