sábado, 21 de decembro de 2024

Culturgal 2024

Non hai moito que dicir. Un ano máis, a finais de novembro e comezos de decembro, nunha fin de semana, celebrouse unha edición máis de Culturgal, a feira da cultura galega, cita ineludible anual para este que vos escribe.

Un ano máis, despraceime ata o Recinto Feiral do Pazo da Cultura de Pontevedra para ver as novidades que nos ofrecían os opositores nesta ocasión. Uns anos está mellor, outros peor, uns anos hai máis novidades, outros anos hai menos, pero sempre gozamos coas novidades.

Saúdos.



Sospeita

Hai xa unhas cantas semanas botaron no espazo de cine clásico da 2 esta película, que non me constaba ter visto, a pesar de ser un dos moitos éxitos de Hitchcock. Está baseado nunha novela na que, se non me engano, o marido acaba matando á muller (porque a novela trata do estudio desa situación), pero en cine non puideron permitirse que un galán como Cary Grant rematara dese xeito (aínda que o seu personaxe o insinúa coa súa actitude, como xa di o propio título).

"Sospeita" foi dirixida en 1941 por Alfred Hitchcock. Os papeis principais foron para Cary Grant e Joan Fontaine (a irmá de Olivia de Havilland á que non podía soportar). En papeis secundarios temos a Cedric Hardwicke ou Nigel Bruce (o famoso Doutor Watson das películas de Sherlock Holmes daqueles anos).

Unha aburrida solteirona coñece de casualidade nun tren a un atractivo vividor. En principio, non está moi atraída por el, pero ao ser consciente de que os seus pais e o seu entorno xa a dan por perdida para o matrimonio, decide dar un paso adiante, aínda que ten a sensación de que o seu futuro marido é un vago play-boy que non dá pao á auga.

E non se equivoca. Non traballa en nada, está sempre apostando, pedindo cartos que non paga, polo que ten débedas con moita xente. E os seus amigos, a quen a muller acaba coñecendo, son do mesmo tipo. Intenta traballar nunha inmobiliaria dun familiar, da que é despedido por un desfalco provocado pola súa adicción ao xogo, pero a muller non se entera ata moito despois, e de casualidade.

Despois intenta un estraño proxecto inmobiliario cun dos seus colegas, que ao final queda en nada. E o seu mellor amigo morre en París nun estraño accidente, e a súa muller sospeita (de aí o título da película) que o seu marido puido ter que ver algo na súa morte, para intentar conseguir algo de cartos. Do mesmo xeito, acaba enterándose que o seu marido está facendo consultas sobre o seguro de vida dela, polo cal tamén comeza a sospeitar que intenta matala a ela. O final resulta algo ambiguo e aberto.

Saúdos.



Xoana de Vega: a muller que desafiou o seu tempo

Acabo de ler este interesante libriño (ten pouco máis de 100 páxinas, e de formato pequeno, podería lerse en pouco máis de 1 hora) sobre a f...