domingo, 3 de abril de 2022

Fariña

"Fariña" foi unha serie que tivo moito éxito hai uns anos na televisión española, baseada nunha obra de Nacho Carretero, pero eu só vin o primeiro capítulo, na casa dun amigo. Uns actores galegos decidiron sacarlle partido á historia do narcotráfico galego nas Rías Baixas nos anos 80 e 90, e fixeron unha obra de teatro. Xa leva un ano e pico de xira, como mínimo, pero eu vina hai varias semanas no Teatro Colón da Coruña.

Como tamén vai de xira por toda España, parece que teñen varios actores e actrices para cada un dos cinco papeis protagonistas (como nos musicais). A montaxe que eu vin estaba protagonizada por Xosé Antonio Touriñán (un dos produtores, creo), Sergio Zearreta, César Martínez Goldi, Marta Lado e Graciela Carlos. Pero cónstame que comezou cun elenco bastante diferente. Tivo seis sesións en tres días na Coruña, e xa era a segunda ou terceira vez que viñan, e parece que estaban todas ateigadas, así que parece estar gustando.

A obra dura cerca de dúas horas, ten un ritmo moi animado, música en directo tocada polos mesmos actores e actrices, e lévase moi ben. Polo visto, non se parece demasiado á serie, pero é lóxico, é un medio totalmente diferente. Non se menciona o nome case de ninguén, nin sequera de ningún narcotraficante famoso, cousa que na serie si pasaba, polo visto. No comezo da obra, aparece un tal Don Vicente, que ao mellor é Terito de xoven, pero é unha especulación miña.

Saúdos.



Érase unha vez en América

Hai unhas semanas botaban esta película no espazo de cine clásico da 2, no seu horario habitual dos luns pola noite. Pero estaba eu bastante...