venres, 6 de agosto de 2021

As aventuras de Tom Sawyer

Un día destes botaban unha versión cinematográfica das aventuras de Tom Sawyer. A cultura popular estadounidense non é que me atraia demasiado, pero hai que recoñecer que Mark Twain era un escritor ben interesante, e da súa cabeza saíron historias e personaxes interesantes coma este e o seu colega Huckleberry Finn.

Esta versión foi dirixida en 1973 por Don Taylor, e dos actores e actrices poucos me soaban de algo. En papeis secundarios estaban Celeste Holm, a que non coñecía de nada ata que hai pouco a vin en "Todo sobre Eva" ou "Eva ao nú". Sóame algo Warren Oates, e se cadra a máis famosa finalmente acabou sendo Jodie Foster, que aparece aquí cando só tiña 10 anos. Tamén hai que dicir que esta versión era musical, ou polo menos mixta, porque había 4 ou 5 números musicais, así que non resultaba moi pesado. Pero sufrín un efecto secundario de ver a película nunha cadea de televisión fascistoide e non nunha cea pública e/ou decente. Os números musicais eran en inglés (obviamente), pero non estaban nin dobrados nin subtitulados, así que non me enterei totalmente do que dicían, pero polo contexto si se pillaba o sentido xeral, pero tampouco eran esenciais para entender a trama, que tampouco ten tanta historia.

Basicamente xa o sabedes, Tom e Huck son dous rapaces pouco disciplinados e dados ao estudo e ao traballo, e si ás trasnadas e ás mentiras, aínda que probablemente nobres. O doctor da vila na que viven contrata a un borracho e un indio da vila para desenterrar o cadáver dun home que acaba de morrer. Polo que parece, pretendía facer algún exame do corpo para investigación. Pero o indio séntese mal pagado, e ademais tenlle rancor ao médico porque non lle curou ben unha perna, e agora é coxo. Nun desencontro durante a exhumación do cadáver, o indio mata ao médico e pon as probas de forma que inculpen ao seu colega borracho.

Casualmente, todo isto o estaban vendo Tom e Huck, que pretendían comprobar se era certo que, ao poñer o cadáver dun gato morto sobre o cadáver dun home, o espírito deste pasaba ao gato e revivía. Os dous asinan un pacto de sangue para non desvelar nada do que viron. Pero no xuízo, Tom comproba que o indio Joe segue acusando ao borracho da morte do doctor, e el expresa en público que foi o que pasou. No mesmo xuízo, o indio intenta matar a Tom cun coitelo e escapa tirándose pola fiestra. Dende ese mesmo momento, toda a vila intenta coller ao indio, sen éxito. 

Tom e Huck escapan de noite e instálanse nunha illa do río, pero os adultos cren morreron afogados. Volven algo despois, ao saber que están celebrando xa un funeral por eles. Na festividade do 4 de xullo, Tom volve facer unha das súas e métese coa súa moza (Jodie Foster) nunha cova, na que casualmente se escondía o indio Joe, que intenta matalo de novo. Pero finalmente os adultos apresan e matan ao indio.

Saúdos.



Érase unha vez en América

Hai unhas semanas botaban esta película no espazo de cine clásico da 2, no seu horario habitual dos luns pola noite. Pero estaba eu bastante...