luns, 25 de xullo de 2022

A pedra de ámbar gris

Sempre exerceu sobre min bastante fascinación o mundo das baleas e dos baleeiros. Xa lin unhas cantas novelas, libros de divulgación, incluso cómics, e tamén vin películas sobre o tema. Así que cando apareceu ante min a novela "A pedra de ámbar gris" de Noa Setemuíños, editada por Morgante, caín outra vez.

Pero non me gustou demasiado, basicamente porque ten moi pouco de novela e moito de libro de divulgación sobre o sector. Non pasa case nada e os personaxes de ficción serven para contar a historia da factoría baleeira de Punta Balea, en Cangas. O único algo reseñable é que un dos cachalotes capturados trae unha enorme pedra de ámbar gris no seu interior, e o personaxe principal da trama, o contable Lino Eiras, é encargados polos seus xefes, os Massó, para que vaia a París a vendela. Os principais tratantes dese produto páganlles case 50 millóns de pesetas pola pedra. E Lino soña con cambiar a súa gris vida, fuxir cos cartos e darlle un xiro total á trama. Pero non pasa do soño e todo volve á rutina habitual.

Saúdos.



Érase unha vez en América

Hai unhas semanas botaban esta película no espazo de cine clásico da 2, no seu horario habitual dos luns pola noite. Pero estaba eu bastante...