martes, 16 de xullo de 2024

Sede de mal

Onte pola noite botaron no espazo de cine clásico da 2 a famosa película "Sede de mal". Eu xuraría que xa a vira hai moitos anos, pero ao mellor non foi así, porque non me soaba de nada a trama. É especialmente famosa a súa primeira escena, mítica na historia do cine pola súa complexidade técnica, que dura 3 minutos (aí abaixo tedes o vídeo desa escena) pero que tardaron 15 días en rodala. Soábame vagamente. Na tradución do título ao español cambiaron algo, como case sempre, pero tanto no orixinal como nas diferentes traducións aparece a palabra "mal", e non é mala idea esa.

"Sede de mal" foi dirixida en 1958 por Orson Welles e o elenco estaba formado por Charlton Heston, Janet Leigh, Orson Welles, Joseph Calleia, Akim Tamiroff, Joanna Cook Moore, Marlene Dietrich, Ray Collins, Mort Mills, Dennis Weaver e Zsa Zsa Gabor. Polo visto, o director marchou antes de facer a montaxe, e fixeron unha que non lle gustou nada, e á súa volta, deu ordes para facer unha montaxe moi diferente, que polo visto é a que disfrutamos agora.

Vargas é un policía mexicano que acaba de casar cunha muller estadounidense, e cando están de lúa de mel nunha localidade fronteiriza entre os dous países, xusto ao seu carón ten lugar un atentado no que morre un coñecido narcotraficante da zona.

Aínda que non está de servizo nin na súa xurisdicción, implícase na investigación como "observador", por se pode botar unha man. A investigación é liderada polo todopoderoso comisario Hank Quinlan, obeso e claramente corrupto, Vargas decátase disto ao pouco de comezar as pesquisas.

Mentres investiga, Vargas deixa á súa muller nun motel de mala morte en territorio estadounidense, pero o encargado de noite está chalado (lembra lixeiramente a "Psicose", tendo en conta que a actriz é a mesma) e non hai ningunha outra habitación ocupada. Ademais, unha pandilla de mexicanos que vive na fronteira relacionados cun capo da droga que encarcelou Vargas acosa á súa muller para intentar facela pasar por drogadicta e narcotraficante.

En definitiva, corrupción bastante xeralizada na zona e, mira ti por onde, a máis institucionalizada está no lado estadounidense, e está disposta a pactar cos delincuentes mexicanos para conseguir os seus obxectivos. Será unha historia de ficción pero...

Saúdos.



Romería de Santa Margarita 2024

Un ano máis, para rematar as festas da Coruña do mes de agosto, e magnificamente organizadas polo colega Antonio Prado (supoño, non o sei, p...