martes, 5 de setembro de 2023

Erros e Tánatos

Chegamos ao volume número 100 da Colección Galega 120 da Voz de Galicia. Cada vez falta menos. Teño que recoñecer que deste libro oín sempre falar moi ben dende hai tempo. Titúlase "Erros e Tánatos" e foi escrito por Gonzalo Navaza xa en 1996. Esa Colección é de comezos do século XXI, así que tiña que ter xa un mínimo de 20 anos, obviamente.

Este debe ser dos libros de relatos máis redondos que vin nunca. Só ten dez historia e pouco máis de 100 páxinas, pero a pesar de ser tan breve, consegue un nivel uniforme na súa calidade, e non por abaixo, senón por arriba. Están todos bastante ben. De feito, destacan nalgo que tamén me gusta moito en película e novelas (algo máis difícil de conseguir) ou relatos. Iso que tanto me gusta é que nos últimos instantes me desvelen algún erro ou confusión dos protagonistas que lle dá a volta completamente á historia. Podería mencionar películas como "O sexto sentido" ou "Sospeitosos habituais", para que o entendades mellor. E neste libro todos ou practicamente todos os relatos rematan así, con algo que fai que te replantexes todo o que leras antes.

Saúdos.



Día da Música no Teatro Colón

O outro día celebrábase un concerto no Teatro Colón que, polo visto, tiña por motivación o Día da Música, que debe ser a mediados ou finais ...