sábado, 6 de xaneiro de 2024

Madame Curie

Vin esta película (cuxo título orixinal é "Radioactive", pero en todo o mundo hispanofalante decidiron cambiar polo de "Madame Curie") o outro día en RTVE Play. Como é unha figura moi interesante, pero aínda así non sei moito sobre ela, ver unha película parecíame unha boa forma de comezar o traballo.

Foi dirixida en 2020 por Marjane Satrapi, unha moi interesante artista franco-iraní. Do elenco, a pesar de ser unha produción británica, recoñezo que só coñezo a Rosamund Pike, que debín vela nalgunha outra película. Ao resto de actores e actrices non os coñezo de nada, así que debía ser unha produción modesta.

Pois nada, nuns 100 minutos conta o principal da súa vida, o seu caracter e en certos momentos arrogancia (non sei se realmente era así), como coñece a Pierre Curie, como lle conceden o primeiro premio Nobel a el, pero el reivindica que é dos dous, e como morre pouco despois nun desgrazado accidente. Como segue loitando e (segundo contan na película, non creo que se inventaran tanto) tamén se lía cun dos axudantes de Pierre, o cal provoca un escándalo público que fai que algúns franceses digan que debe marchar do seu país, ao ser unha inmigrante polaca. E como morre (a Pierre xa comezara a afectarlle antes) debido, entre outras cousas, á contaminación por traballar con radio e polonio, elementos radiactivos.

Saúdos.



Érase unha vez en América

Hai unhas semanas botaban esta película no espazo de cine clásico da 2, no seu horario habitual dos luns pola noite. Pero estaba eu bastante...