martes, 2 de xaneiro de 2024

O home que sabía demasiado (1934)

No título deste artigo poño o ano no que se fixo a película que eu vin, porque o mesmo director fixo unha versión con moitos máis medios varias décadas máis tarde en Hollywood, así que hai que aclarar a posible confusión. Entre outras razóns, que fora deste director e que estea visible completa en Youtube, animáronme a vela, aínda que resulta algo mediocre. Vin nas últimas semanas algunha outra película de Hitchcock en Inglaterra, e tiña moita máis calidade, baixo o meu punto de vista.

Foi dirixida por Alfred Hitchcock en 1934. Do elenco destaca o único que foi coñecido despois, Peter Lorre. As outras figuras do reparto, para min totalmente descoñecidas, son Leslie Banks e Edna Best.

Unha familia, formada por un matrimonio e a súa filla están de vacacións nunha estación de esquí suíza, e alí fanse amigos dun estraño tipo, que tamén é esquiador. Cando están nunha festa, ese amigo é asasinado. Xusto antes de morrer, dille á muller do matrimonio que colla algo que está oculto na súa habitación, porque seguramente a súa morte tan algo que ver con iso. E así o fan, pero a partir dese momento pasan a estar constantemente perseguidos e en tensión polo goberno inglés. Entre outras cousas, porque os causantes da morte secuestran á súa filla, para que non falen.

Cando volven a Londres, van ao lugar que poñía a nota que atoparon, e entran nunha estraña "igrexa" na que supostamente hai un culto ao sol. Alí está o grupo que secuestrou á súa filla, pero alí tamén pechan ao pai, que fora a buscala. Mentres, un integrante dese grupo, que tamén estaba en Suíza, pero que non lles caía ben, vai a un concerto no Royal Albert Hall con intención de matar a un diplomático europeo, que seguramente provocaría unha nova guerra mundial, pero só consegue ferilo.

O grupo atrincheirase no edificio anexo á igrexa e a policía cerca o edificio, e comenza unha chuvia de disparos en todas direccións que, como é previsible, acaba ben. Vista agora, non ten demasiado ritmo, pero estou seguro que en 1934 (hai 90 anos xa) debeu gustar moito. Creo que vin a versión de 1956, pero xa non a lembro, pero tamén estou seguro que debe ser bastante máis visible que esta.

Saúdos.



Érase unha vez en América

Hai unhas semanas botaban esta película no espazo de cine clásico da 2, no seu horario habitual dos luns pola noite. Pero estaba eu bastante...