domingo, 24 de xullo de 2022

Blackstars (banda tributo a David Bowie)

Non sabía eu que na cidade da Coruña había unha banda tributo a David Bowie, un dos meus músicos favoritos. Descubrina onte, case por casualidade, e levei unha boa sorpresa, porque son bastante bos e puiden disfrutar deles ás poucas horas de saber da súa existencia, xa que tocaban na Sala Garufa.

A banda está bastante completa, e iso xa foi un bo indicio. Teñen dous guitarristas (un deles toca de cando en vez a guitarra acústica, por exemplo ao comezo de "Space oddity"), unha baixista, un batería, un teclado, unha persoa que toca percusións variadas, saxofón e frauta, e por último o cantante. Este último imita bastante ben a Bowie, que non debe ser nada doado, e a banda soa bastante ben, non hai queixa.

A selección musical foi bastante boa, aínda que Bowie ten moitas cancións boas e coñecidas (para min). Estiveron tocando 1 hora e 45 minutos. O bis foron cinco cancións apoteósicas, rematando con "Heroes", como era previsible. Só houbo dúas cancións que non recoñecín, unha das primeiras que tocaron, que non teño nin idea de cal é, e outra dedicada a Picasso que moita xente parecía coñecer, pero eu non. Se me poño a revisar, seguro que deixaron algunha chulísima sen tocar, pero xa digo, en xeral acertaron bastante.

Déixovos o único video que atopei en Youtube no que aparece esta banda. Se cadra hai máis pero non resultan doados de atopar, aparentemente.

Saúdos.



Día da Música no Teatro Colón

O outro día celebrábase un concerto no Teatro Colón que, polo visto, tiña por motivación o Día da Música, que debe ser a mediados ou finais ...