sábado, 27 de agosto de 2022

Homes de negro

Non sei en que momento me pasou pola cabeza a idea de que "Homes de negro" era unha película moi simpática coa que se pasaba moi ben. Vira esceas soltas de varias das películas da saga e debín chegar a esa conclusión. Pero acabo de ver a primeira da saga e pareceume bastante frouxa.

Foi dirixida en 1997 por Barry Sonnenfeld. No seu elenco destacan moi claramente Tommy Lee Jones e Will Smith, deixando en papel moi secundario a outros como Linda Fiorentino, Vincent D'Onofrio (co que me estou cruzando moito ultimamente) e Rip Torn.

A idea vén sendo que dende hai unhas cantas décadas a Terra está sendo visitada con frecuencia por seres doutros planetas. A maioría deles viven en Manhattan e están perfectamente integrados (e disfrazados, de xeito que ninguén se decata de que están) na sociedade. Pero nun determinado momento, chega unha nave do espacio cun líder guerrilleiro que vén á Terra para liquidar aos que están aquí (algún deles con moito poder) e facerse co poder. 

Todo isto xusto coincide coa xubilación dun axente nunha oculta axencia do goberno americano que se encarga destes temas. É o compañeiro do axente K, así que toca facer unha nova selección de persoal entre os moitos corpos armados de seguridade que hai no país. O elixido acaba sendo unha irreverente policía negro de Nova Iork que recibirá o nome de J.

E ao final da película xa deixan todo preparado para que poida proseguir a saga, que xa chegou á III e tivo algún spin-off.

Saúdos.



Día da Música no Teatro Colón

O outro día celebrábase un concerto no Teatro Colón que, polo visto, tiña por motivación o Día da Música, que debe ser a mediados ou finais ...