sábado, 30 de decembro de 2023

Síbaris

Onte fomos ver "Síbaris", a montaxe teatral da única obra que escribiu o chorado novelista Domingo Villar, que morreu dun ictus no Día das Letras Galegas de 2022. Actuaban no Teatro Rosalía de Castro durante dous días seguidos e practicamente encheron os dous días, non é mala marca para esta cidade.

A verdade é que non está nada mal, é unha comedia de enredo cun desenvolvemento algo sorprendente e un final que aínda o é máis, pero vai na liña do anterior. Xira en torno a un escritor que tivo un grande éxito hai case 20 anos e que está a piques de rematar a súa nova novela, pero non consegue culminala, está cun bloqueo creativo que llo impide. Ao redor diso está tamén que os cartos vanse acabando e que el e a súa muller queren axudar á súa filla a estudar unha carreira en Oxford, pero os cartos non chegan, así que pensan en formas creativas de conseguilos.

A obra está protagonizada principalmente por Carlos Blanco e Belén Constenla. Tamén aparecen Oswaldo Digón e Pablo Novoa, e ao final de todo creo que hai incluso unha brevísima intervención (pero non se lle recoñece) de Lois Blanco, fillo de Carlos e director da obra. Cando saen a saudar, un dos xestos dos actores e director é o que vedes na foto, que se supón que é para Domingo Villar, falecido sorpresivamente no 2022, como xa dixemos.

Saúdos.


Érase unha vez en América

Hai unhas semanas botaban esta película no espazo de cine clásico da 2, no seu horario habitual dos luns pola noite. Pero estaba eu bastante...