domingo, 17 de setembro de 2023

Códice K

Hai uns días pasou polo Teatro Colón da Coruña a obra teatral "Códice K", a obra de Ainé Producións (a produtora de Touriñán), dirixida por Tito Asorei, texto de Manuel Cortés, e un elenco totalmente feminino formado por Lucía Veiga, Marita Martínez, Graciela Carlos e Patricia Castrillón. Ou sexa, que podíamos ir ben tranquilos que o éxito estaba asegurado.

Porque se non chegara con iso, trata sobre unha das historias máis rocambolescas que pasaron por esta zona do mundo nos últimos tempos, que non é pouco dicir: o roubo do Códice Calixtino da Catedral de Santiago a mans dun ex-electricista despedido, que quixo así vingarse do Deán.

Esta marcianada serviu para demostrar o que xa era un secreto a voces: a Catedral era un total descontrol e alí todo o mundo facía o que podía e quería. Cando atoparon o Códice nun garaxe do señor este (foi o último que atoparon), tamén viron cerca de dous millóns de euros roubados dos cepillos da catedral, o que dá boa conta da fantástica contabilidade que levaban as autoridades competentes.

Saúdos.



Made in Galiza

Xa había algún tempo que non ía ao teatro, pero por fin atopei algo interesante ao que acudir. O outro día, no Fórum Metropolitano. A cita e...