Hai poucos días, no espazo de cine clásico da 2 botaban esta película. Non o podo asegurar, pero supoño que a vin hai moitos anos, por ser unha mítica película do oeste estadounidense, pero non lembraba nada. Nada máis comezar, xa vin que era unha mitificación do xeral George Amstrong Custer.
"Morreron coas botas postas" foi dirixida por Raoul Walsh en 1941, e os papeis principais foron para Errol Flynn e Olivia de Havilland, que tiñan moi boa química na pantalla pero, polo visto, moi mala na vida real. Teño a sensación de que quedei durmido durante parte da película, máis ben cara o final, pero creo que non vou facer o esforzo de vela de novo.
Basicamente conta a vida e milagres do xeral Custer. Chegou a West Point de forma moi estraña e conseguiu algún título militar, pero sendo dos peores na academia militar, porque era moi bo en actividades físicas pero moi mediocre nos outros estudios.
Intentou avanzar na carreira militar pero non tiña moito prestixio, sobre todo nos despachos oficiais, pero por algunhas casualidades e erros administrativos conseguiu algúns destinos nos que ganou moito prestixio, sobre todo no campo de batalla, no que era moi bravo e motivador.
Mandárono a algún sitio moi perigoso, rodeado de indios que estaban bastante cabreados e que se estaban aliando, baixo o mando de Cabalo Loco e Touro Sentado. Finalmente, faleceu na famosa batalla de Little BigHorn, na que a superioridade numérica dos indios era abrumadora. Pero como nos se arrugaron nin intentaron fuxir, dise que "morreron coas botas postas".
Saúdos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario