Hai xa algún tempo merquei un libro que recompila relatos de moitos dos mellores escritores e escritoras galegas. Titúlase "Miño" e parece que antes deste houbo outro similar titulado "Fisterra". E xuraría que lin no limiar que tiñan pensado facer algún máis.
En principio, a idea do libro non me convencía excesivamente, pero pensei que podía estar ben para ler relatos soltos como descanso nos longos días e tardes de traballo na casa, que non son poucos. Pero nada, finalmente só lin 2 ou dos moitos relatos do libro (creo que ten cerca de 40) nesa modalidade.
Por dar algunha pista, un dos avances máis longos deillo a tarde do famoso apagón, que non había moito máis que facer e pola tarde aínda había moita luz. Así que cumpriu a súa función a medias. E tampouco me deixou moita pegada. Coma sempre nos libros de relatos (dá igual que sexan dunha mesma persoa ou de autorías diferentes, como é neste caso), o nivel é irregular, hainos mellores e peores. Pero unha vez rematado, non creo que lembre demasiado ningún dos que lin.
Por poñer algo, vou indicar aquí a lista de autores e autoras. Se vos fixades, veñen ordeados polo seu primeiro apelido:
- Marilar Aleixandre
- An Alfaya
- Alfonso Álvarez Cáccamo
- Xosé Ballesteros
- Concha Blanco
- Esther Carrodeguas
- Fina Casalderrey
- Luisa Castro
- Xesús Constela
- Celia Díaz Núñez
- Lois Diéguez
- Lara Dopazo Ruibal
- Susana Fortes
- Camilo Franco
- Luís García Mañá
- Antonio García Teijeiro
- Lupe Gómez
- Bieito Iglesias
- Margarita Ledo Andión
- Mercedes Leobalde
- Xabier López López
- Ramón Nicolás
- Rochi Nóvoa
- Mariña Pérez Rei
- Alfonso Pexegueiro
- Xavier Queipo
- María Xosé Queizán
- Xesús Rábade Paredes
- Román Raña
- Antón Reixa
- Manuel Rivas
- Chelo Suárez
- Nacho Taibo
- Diana Varela Puñal
- Eva Veiga
- Helena Villar
- Domingo Villar
Tamén viña un limiar de Rexina Vega, un epílogo de Antón Riveiro e un comentario final do editor, Xosé Manuel del Caño. Ao final tamén viña unha pequena biografía de cada autor ou autora.
Saúdos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario