martes, 31 de decembro de 2024

Expediente Artieda

O volume 112 da Biblioteca Galega 120 da Voz de Galicia é a novela "Expediente Artieda" de Luís Rei Núñez. Como di o propio nome da colección, que a Voz de Galicia editou no ano 2002 para celebrar os seus 120 anos de vida, xa só me quedan oito números para rematar o titánico esforzo de ler esa colección enteira. Como a numeración é cronolóxica, pois estou chegando xa ao século XXI. Esta novela ganou o Premio Xerais no ano 2000.

Artieda fai referencia ao apelido dun home, enviado polo partido comunista (ou algo así), que vén á cidade da Coruña para vingar o asasinato de catro camaradas a finais dos anos 50, cando a loita dos guerrilleiros estaba chegando á súa fin. Cando chega, fai unhas estrañas amizades no enrarecido ambiente da cidade, e crúzase a posibilidade de matar ao Caudillo nunha visita protocolaria que vai realizar ao hospital de Oza para inaugurar uns novos e modernos aparatos. Na novela cóntase a vida de moitas das persoas que xiran ao redor desta historia.

Saúdos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Érase unha vez en América

Hai unhas semanas botaban esta película no espazo de cine clásico da 2, no seu horario habitual dos luns pola noite. Pero estaba eu bastante...