martes, 31 de decembro de 2024

Concerto da nova asociación MuXoGal

Onte, para rematar este ano 2024, tiven a sorte de poder asistir a un concerto ofrecido polo Quinteto Hindemith, grupo de cámara formado por cinco novos músicos galegos. Estaba Noreia Hermida á frauta, Aurora Berná no oboe, Diego Regueiro na trompa, Jorge Aldao no clarinete e Sara Tenreiro no fagot.

Era un dos primeiros concertos organizados pola nova asociación MuXoGal, que pretende promocionar o traballo dos grupos de cámara formados por novos músicos galegos, que en moitos casos estudaron ou aínda estudan no estranxeiro. E unha das maiores promotoras da mesma foi alumna miña, e moi boa, por certo.

Tocaron dúas pezas no seu concerto, como é habitual neste tipo de eventos. A primeira foi o quinteto de vento opus 43 de Carl Nielsen. Despois tocaron o quinteto de vento opus 24 de Paul Hindemith. Eu non entendo moito destas cousas, pero normalmente sempre me gustan, como foi o caso.

Saúdos.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Érase unha vez en América

Hai unhas semanas botaban esta película no espazo de cine clásico da 2, no seu horario habitual dos luns pola noite. Pero estaba eu bastante...