mércores, 5 de marzo de 2025

A canción do verán

Rematado xa o volume 115 da Biblioteca Galega 120 editada pola Voz de Galicia no ano 2002, co gallo do 120 aniversario da fundación do xornal. Xa só quedan cinco, aquel lonxano obxectivo xa está moi preto.

Este volume era a novela "A canción do verán", do escritor e cantante Vicente Araguas. Araguas foi un dos cantautores que participou no movemento de "Voces Ceibes", a finais dos anos 60, anos de moita rebeldía estudiantil. Obviamente, xa só ese dato o sitúa actualmente cuns 75 anos. Pero ademais é escritor. Cultivou a poesía, o ensaio, a crítica literaria e a tradución, e como pode verse nesta obra, tamén a novela.

Non está mal, lese doadamente e engancha bastante. Basicamente as 200 páxinas da obra contan unha xolda de dous amigos de Ferrolterra que veñen pasar unha tarde á Coruña. Un deles é Fandiño, quen fai de narrador, un solteirón con ínfulas de escritor. O outro é Pacho Fontenla, que ten unha tenda coa súa muller, pero ten moito éxito coas mulleres e socializa moi ben con todo tipos de seres vivos e humanos, como pode comprobarse na obra. Rematada a xolda, volven para casa... e pasa algo.

Saúdos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Xoana de Vega: a muller que desafiou o seu tempo

Acabo de ler este interesante libriño (ten pouco máis de 100 páxinas, e de formato pequeno, podería lerse en pouco máis de 1 hora) sobre a f...