mércores, 5 de marzo de 2025

Ninguén contará a verdade

Neste entroido puiden dedicarme a ler, unha das miñas principais afeccións, polas rúas de Santiago de Compostela, como fago todos os anos. A primeira das obras que abordei foi a grosa novela "Ninguén contará a verdade" de Pedro Feijoo, que ten máis de 600 páxinas na edición de Xerais.

Véndena dicindo que é unha métafora (ou máis que iso incluso) da corrupción política en Galicia (e incluso algo en España) e coido que non está mal tirado o símil. Aínda que cos nomes cambiados, obviamente, parecen ser moi doados de identificar Alberto Núñez Feijoo, Alfonso Rueda, Mar Sánchez Sierra (se non sabedes quen é, investigade, vaia personaxe!!), Juan Carlos Escotet, creo que Bieito Rubido, e máis que agora non lembro ou non souben identificar. E moitas cousas ulen a podre en Dinamarca, e moito máis cerca. É unha obra recente, con certo éxito, e que pode ter aínda moito percorrido, así que non vou desvelar apenas nada. Se credes que no PP hai algo ou moito de corrupción, ides pasalo moi ben léndoa.

Chámame a atención que na parte posterior do libro, faise unha breve sinopse da trama, e fan referencia aos personaxes de dous xornalistas que non aparecen ata que van unhas 300 páxinas de novela. Hai moitos personaxes, algúns baseados en persoas reais e outros que non (creo), 625 páxinas dan para moito.

Saúdos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Xoana de Vega: a muller que desafiou o seu tempo

Acabo de ler este interesante libriño (ten pouco máis de 100 páxinas, e de formato pequeno, podería lerse en pouco máis de 1 hora) sobre a f...