Deume tempo a retomar a lectura, basicamente porque esta novela curta lese nun par horas sen problema. Xa é o volume 113 da Biblioteca Galega 120 que a Voz de Galicia sacou no ano 2002 para conmemorar os 120 anos de historia do xornal. Ou sexa, que só quedan sete. Se vai todo ben, antes do verán podería estar rematada a lectura desta magna obra.
"Unha presa de terra" foi escrita por Marilar Aleixandre no ano 2001. Foi a primeira novela que levou o premio da Voz de Galicia da novela por entregas. Publícase todos os anos no xornal nos 31 días do mes de agosto. Polo tanto, teñen que ter 31 capítulos, non moi longos, e sempre levan ilustracións. Cando se converten en libro (sempre o fan), da lugar a unha novela curta que se le nun par de horas, como esta. Esta autora principalmente escribiu novelas para público infantil e xuvenil, aínda que esta é para todos os públicos.
Sempre me chamou a atención ese título, e teño que recoñecer que tiña ganas de lela para saber a razón desa elección, pero está plenamente xustificada. Unha muller morre asasinada e aparece no ascensor do seu edificio e o único indicio "estraño" no feito é que ten algo de terra na zona da ferida do cráneo que lle causou a morte. E a terra é da zona de Mondoñedo. Vaise coñecendo a familiares e coñecidos da vítima que van dando datos (non moitos) da súa vida, e a principal voz narrativa é a de Ana Candeán, unha detective privada, que nunca investigou un asasinato, e que foi contratada pola irmá da vítima.
Saúdos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario