martes, 23 de agosto de 2022

Moura

Un dos meus últimos descubrimentos en música galega é o grupo coruñés Moura. Cantan en galego e a min sóanme moito a rock setenteiro, con variantes moi diversas, como progresivo, psicodélico, etc. As súas cancións teñen certa tendencia a ser algo longas, sobre todo en directo, e teñen algunhas instrumentais que (en disco) van íntimamente unidas a outras cantadas, formando unha unidade.

Despois de mercarlles o disco en formato CD (algún deles ten local de hostelería na Coruña e contactei a través del), puiden velos actuar hai uns días no Parque de Santa Margarita, e gustáronme moito, e parece que ao público tamén.

O grupo ten os seguinte integrantes:
- Diego Veiga: voces e guitarras
Hugo Santeiro: guitarras
Fernando Vilaboy: teclados
Luis Casanova: batería e percusións
Pedro Alberte: baixo
Belém Tajes: voces e percusións

En Santa Margarita tamén estaba tocando percusión e algúns instrumentos de vento como clarinete e gaita unha cara coñecida de grupos de folk coruñeses. Non o podo asegurar, pero creo que se chama Miguel Vázquez. Dígoo porque nos créditos do seu último disco hai unha persoa chamada así que toca instrumentos así de variados.

Ata agora sacaron dous discos. O primeiro foi "Moura" con só catro cancións (creo) e acaban de sacar "Axexan. Espreitan" con oito.

Saúdos.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

O xabaril branco

Seguimos avanzando na Biblioteca Galega 120 da Voz de Galicia, e chegamos ao volume 109 da colección. Eu xuraría que este xa o lin hai anos,...