O outro día vin unha película de Ernst Lubitsch que, estando ben (con ese director é imposible equivocarse), non chega ao nivel doutras que coñecía, entroume a nostalxia de ver algunha das súas películas que xa coñecía e que me fascinaron no seu momento. A principal era "Ninotchka" e fixen unha búsqueda un pouco máis intensa en Youtube, e conseguín atopala dobrada ao castelán.
"Ninotchka" foi dirixida por Ernst Lubitsch en 1939, pero esta vez o guión non foi de Samson Raphaelson (fixo o guión de nove películas deste director, pero esta non era unha delas), foi dun equipo de catro persoas entre as que estaba Billy Wilder. Os papeis principais foron para Greta Garbo e Melvyn Douglas, que estiveron moi ben secundados por actores e actrices como Ina Claire, Sig Ruman, Felix Bressart, Alexander Granach e Béla Lugosi, que aparece só nunha escea breve ao final. É unha comedia bastante simpática.
Tres enviados da Unión Soviética están de misión comercial en París para intentar vender as xoias dunha duquesa rusa. Casualmente esa duquesa rusa vive en París e está amigada cun conde. Por casualidade, un aliado da duquesa traballa de camareiro no luxoso hotel no que se hospedan eses tres enviados, e entérase de que as xoias da duquesa están alí e vai inmediatamente a avisala. O conde escoita a conversa e vai inmediatamente ao hotel para intentar negociar ou, polo menos, dificultar a venta das xoias.
En Moscú reciben noticias de que os avances dos tres enviados son moi poucos (ademais, o conde conseguiu convencelos axiña das bondades do sistema capitalista), e mandan a unha nova persoa para resolver a xestión, dela teñen moitas menos dúbidas da súa fiabilidade ideolóxica. Quen chega é Nina Ivanovna Yakushova (Ninotchka), rigorosa e convencida comunista que axiña detecta a febleza ideolóxica dos camaradas.
O conde coñece casualmente a Ninotchka e comeza a flirtear con ela, e case inmediatamente namóranse. En calquera caso, Ninotchka pretende seguir coa xestión como se nada, pero cada vez vai caendo nas redes do conde e resúltalle máis difícil resolver o caso. A condesa, moi avispada, consegue tenderlle unha trampa para que volva a Moscú sen resolver o tema.
Esquécense do tema, e os tres enviados pouco dilixentes son enviados a Estambul para propósitos parecidos, co resultado habitual no seu caso. De novo reciben queixas en Moscú da pouca fiabilidade deses tres enviados, e piden que manden a alguén máis dilixente. O encargado do tema pídelle a Ninotchka que se encargue, e ela rexeita e prefire non ir, pero son ordes do partido, e non lle queda máis remedio que aceptar. Cando chega alí, descubre que era unha "trampa" do conde, que está alí esperándoa.
Saúdos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario