mércores, 26 de febreiro de 2025

Soidade

Hai uns días botaban esta película no cineclub da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Non podía pasarme por alí para vela, pero si vela na miña casa, xa que está en Youtube. É unha película semi-sonora (curioso concepto) pero nin o seu título nin o nome do seu director me soaban de nada, así que me entrou a curiosidade. Pero tampouco me chamou demasiado a atención, agás a curiosidade técnica de ser semi-sonora. En dúas ou tres escenas, a conversa entre os dous amantes oíase perfectamente, aínda que versión orixinal en inglés. No resto da metraxe era unha película muda convencional, con rótulos e todo iso.

"Soidade" foi dirixida polo húngaro Paul Fejos (non oíra falar na miña vida) e no elenco destacan máis que claramente os que protagonizan os dous papeis principais: Barbara Kent e Glenn Tryon (tampouco me soan de nada).

A historia é simplona. Mary e Jim viven sós na gran cidade, pero atópanse razonablemente sós a pesar de ter amigos e compañeiros de traballo. Un día coñécense de casualidade no parque de atraccións de Coney Island e namoran, e a partir dese intre, aínda que intentan estar sempre xuntos, sempre sucede algo que o impide.

Saúdos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Xoana de Vega: a muller que desafiou o seu tempo

Acabo de ler este interesante libriño (ten pouco máis de 100 páxinas, e de formato pequeno, podería lerse en pouco máis de 1 hora) sobre a f...