xoves, 6 de xaneiro de 2022

A muller do porvir

No ano 2020 cumpríronse os dous séculos do nacemento da eminente pensadora feminista (agora podemos chamarlle así, na súa época non se facía) Concepción Arenal. Na Voz de Galicia publicaron un dos libros máis coñecidos dela, titulado "A muller do porvir", nunha colección de "precursoras" xunto a Emilia Pardo Bazán e Rosalía de Castro, mulleres galegas que triunfaron no século XIX.

Lino con atención e semella moi actual, aínda que nalgúns aspectos xa se nota moito o paso do tempo. Obviamente, é incrible que algunha xente non entendera algúns dos postulados que defende, porque aínda non están claramente superados por toda a sociedade. Pero noutras xa comeza a chirriar, e chamoume a atención a relación que establecía entre mulleres e fe relixiosa, que agora xa non creo que estea demasiado vixente. Incluso tivo que dedicar o último capítulo á "muller solteira", para reivindicar a súa utilidade social.

Saúdos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

O xabaril branco

Seguimos avanzando na Biblioteca Galega 120 da Voz de Galicia, e chegamos ao volume 109 da colección. Eu xuraría que este xa o lin hai anos,...