Seguimos avanzando pola Biblioteca Galega 120, a colección de literatura galega que A Voz de Galicia editou no ano 2002, cando se cumprían 120 da súa posta en marcha como xornal diario. Hai uns días lin o volume 107, titulado "Os xenerais de África" e escritor polo poeta e fotógrafo Víctor Vaqueiro, aínda que esta obra está composta por 10 relatos breves.O autor non escribe mal, aínda que creo que escribiu pouca narrativa. No epílogo confesa que todas as historias teñen algo ou moito que ver con Vigo e que o título que estaba pensado inicialmente era "Vigueses". Pero alguén comentoulle que era unha referencia demasiado obvia, e era mellor cambialo por outro. Se non me engano, os Xenerais de África é unha referencia de relativa importancia nun dos relatos, ambientado na época do golpe de estado do 36, que foi liderado polos Xenerais de África (con Franco á cabeza), pero nada máis. Así que tampouco teño claro que este título sexa moi representativo da obra.
Hai varios baseados no mundo do fútbol, deporte do que debe ser seguidor, e polo visto, do Celta. Hai outros dous, que están bastante separados na obra, que contan un mesmo suceso, un asasinato dunha persoa a outra, dende os dous puntos de vista: curioso. Xa digo, 10 relatos, cada un deles de 8-10 páxinas de media, doados de ler en xeral, agás algunha excepción.
Saúdos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario